As Concellarías de Deportes dos concellos de Ares e de Mugardos, organizan un ano máis, dentro das súas programacións deportivas de Nadal, a Carreira Popular de Fin de Ano, que conta coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, así como da Delegación Ferrolana de dito deporte e das empresas Begano e Gadis.
A celebración da que será a VIII edición desta proba atlética terá lugar o domingo día 30 de decembro, con saída ás once da mañá dende o paseo marítimo de Ares (xusto fronte á Casa do Concello), para completar un total de 10 km. A carreira discorrerá por dito paseo, rúa do Mazote, estrada que une Ares e Mugardos, pasando logo polo casco de Mugardos a través da rúa dos Corzás, avenida de Galicia (á altura da casa do Concello de Mugardos haberá un avituallamento líquido), rúa do Peteiro, Zona das Mareas, Instituto, Rúa do Cristo e Catro camiños, para de novo retornar á estrada Ares Mugardos e continuar por ela ata entrar en Ares pola avenida de Mugardos. Nesta punto estará a meta.
Na chegada, disposta na pista exterior anexa ao pavillón polideportivo, ubicarase un avituallamento sólido e líquido, e, ademais, celebrarase un sorteo de produtos típicos destas festas de Nadal entre os participantes que cheguen á meta. Igualmente no pavillón deportivo de Ares haberá servizo de duchas e gardarropía.
As Policías Locais dos Concellos de Ares e de Mugardos, así como as Agrupacións de Voluntarios/as de Protección Civil de ambos concellos, porán en marcha un dispositivo de tráfico e control das vías polas que discorre o evento co obxectivo de preservar a seguridade e o control da proba. Tamén habilitarase un aparcadoiro de balde, con capacidade para máis dun cento de vehículos na entrada de Ares, xusto na confluencia da rúa do Mazote coa avenida de Mugardos ao fin de facilitar os accesos á vila.
Como novidade nesta edición, cabe subliñar a utilización de chips para o control d@s corredor@s, facilitando deste xeito as clasificacións e os tempos da proba, pese a que se trata dunha proba eminentemente popular na que non hai categorías nin pódium, puidendo participar calquera persoa maior de 14 anos. Para máis información e inscripcións, os interesad@s poden acudir á páxina web da Federación Galega de Atletismo no link: http://www.fgatletismo.es/inscripciones/inscripcion_20121230.html . O prazo de inscripción remata o 24 de decembro.