Dezaoito firmas e artesáns dánse en Valdoviño no Mercado Sostible e Ecolóxico

Preto dunha vintena de firmas, asociacións e artesáns daranse cita este sábado 28 en Valdoviño nunha nova edición, a de San Xoán, do Mercado Sostible e Ecolóxico organizado polo Concello. Coa Porta do Sol como escenario, inaugurarase ás 12:00 horas, e celebrarase durante toda a xornada, ata as 20:00 horas, cunha morea de propostas para o público.

Archivo

 

O principal reclamo serán os postos de venda de produtos ecolóxicos, de proximidade e artesáns:

As Lolas da Cascarilla: artesanía de Galicia feita con flor de millo; Mai Cerámica: pezas artesás de cerámica; Aspaneps: papelería e pezas únicas creadas nos talleres ocupacionais da asociación; Comercio Xusto: alimentación e artesanía; Jerolas: moda e complementos con inspiración galega; Slow: prendas de algodón orgánico; Livegens: gafas de sol e reloxos de madeira artesanais; Devalo: mel extraída de forma artesanal de colmeas propias; Galo Celta: carnes e ovos de galiñas en liberdade; A Gabeira: bolsos, neceseres e complementos artesanais; Laura Molero: ilustracións con corazón; Bite Me Dog: roupa e complementos para mascotas; Bilitroque: detalles para eventos personalizados; Belitroque: bolsos, mochilas e complementos feitos con prendas reutilizadas; Pollito: complementos artesáns; Pan con Chocolate: doces artesáns; AzulGris: bixutería feita a man; Barro&Co: prendas con estampacións artesanais e deseños propios.

OBRADOIROS DE BALDE

Ademais, dúas das firmas, “As Lolas da Cascarilla” e Mai Cerámica, esta última con sede en Vilarrube, ofrecerán obradoiros de balde e inscrición media hora antes do inicio, previsto para as 12:00 e as 17:00 horas.

No primeiro caso, as persoas participantes poderán aprender a facer arranxos florais en folla de millo, un proceso artesanal para liberar toda a creatividade. O taller da mañá está dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 13 anos, e o da tarde, a persoas maiores de 14. No obradoiro de cerámica, a cargo da artesá local Martina Beceiro, aprenderá aos particpantes a modelar as súas propias bandexas en barro branco, estampar nela herbas de San Xoán, pintalas e barnizalas. Neste caso, as dúas sesións están abertas a pequenos e maiores.

foto archivo.

MÚSICA, TEATRO E MÁIS

Así mesmo, o Mercado Ecolóxico de Valdoviño volverá apostar pola música e o teatro na súa programación de actividades complementarias. Ás 13:30 horas, o público poderá desfrutar do concerto de Erick LePeich, cantautor que cultiva estilos tan variopintos como a bossa nova, o pop ou o funky. E xa ás 18:30 horas, Pablo Pablísimo traerá a Valdoviño «Cabicivai», un espectáculo sobre rodas, unha bicicleta, un Kamishibai e tres caixóns dos que pode saír calquera cousa.

Por último, o Mercado Ecolóxico contará de novo cun punto de troco de libros e espazo infantil con diferentes xogos e pasatempos. Dúas iniciativas que redondean unha programación do máis completiña, e que conta coa Secretaría Xeral de Política Lingüística como aliada, co financiamento dos obradoiros e da actuación de Pablo Pablísimo.

Lea también

Ortigueira formaliza la compra de una parcela en Senra para la creación de una nueva área recreativa

La adquisición del terreno, que ha supuesto un desembolso de 15.000 euros, responde a una …