A Igrexa de San Xosé de Ares será o escenario da Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia

O municipio aresán recibe este domingo 29 de xuño, aos preto de 80 mozos que integran a Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia. O grupo achegarase á Igrexa de San Xosé de Ares ás 20:00 horas para pechar a súa tempada 24-25 cun concerto programado pola Concellaría de Cultura para o desfrute da veciñanza.

A Orquestra Infantil interpretará un abano de composicións dende o tradicional da música clásica, con melodías de Georg Friedrich Haendel ou Franz Joseph Haydn, a adaptacións de temas moi recoñecibles como Piratas do Caribe (The Medallion Calls) ou Viva la Vida, de Coldplay.

Así, a veciñanza de Ares poderá gozar do talento destes rapaces e rapazas de 6 a 15 anos que fundamentan o futuro da Sinfónica de Galicia, a entidade musical creada en 1992 na Coruña, con sede no seu Palacio da Ópera, e que presenta unha das agrupacións de maior proxección en España no eido das orquestas sinfónicas.

Lea también

El Museo Naval de Ferrol acoge la Exposición temporal “Imágenes de la Historia” de la Fundación Ferrer-Dalmau

Desde el 1 de julio y hasta el 15 de septiembre próximo, el Museo Naval …