A Xunta apoia ós CIM, servizos de conciliación e accións de igualdade en catorce concellos de Ferrolterra

Algo máis de 206.000 euros irán destinada a apoiar o mantemento dos catro Centros de Información á Muller de Ferrol, As Pontes, Ares e Ortigueira.

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, xunto á directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, e o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, visitaron o Centro de Información á Muller CIM deste concello para informar da resolución da convocatoria de axudas concedidas aos concellos por importe de 12,2 M€ a través de tres programas: plan Corresponsables, promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero e, por último, apoio ós centros de información á muller (CIM).

A Xunta de Galicia investirá preto de 442.000 euros nas axudas dirixidas a estes tres programas en 14 municipios de Ferrolterra. Martina Aneiros lembrou que a Xunta de Galicia segue reforzando o seu apoio aos concellos cunha achega de máis de 5 M€ destinados ao terceiro dos programas, áconsolidación dos CIM e ao financiamento do pago de 217 postos de traballo destes centros, o que supón un incremento dun 12% con respecto ao ano anterior.

En concreto, nas comarcas de Ferrol, 206.000 euros irán destinados ós catro CIM de As Pontes de García Rodríguez, Ares, Ferrol e Ortigueira.

Na súa visita ao CIM de Ortigueira a delegada sinalou a importancia que ten que a nosacomunidade conte cunha ampla rede de centros deste tipo nos que as mulleres reciben información e axuda xurídica, psicolóxica ou de calquera outro tipo, destacando a relevancia da colaboración entre administracións para lograr unha sociedade libre de machismo.

A Xunta de Galicia ten en marcha o Plan integral de renovación e ampliación dos CIMs co obxectivo de analizar a realidade destes centros, a través da escoita activa de todo o persoal profesional, e así poder elaborar un plan con obxectivos e accións específicas.

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …