Entrega de premios en Fene do III concurso de BD de Humor Demo Pequeno

Organizado polo Museo do Humor Xaquín Marín e Demo Editorial, o certame reuniu este xoves na Casa da Cultura de Fene aos gañadores do concurso que, acompañados das súas familias, recibiron os seus diplomas e agasallos da man da alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, do concelleiro de Cultura, Justo Ardá, e do presidente do xurado (en representación de Demo Editorial), Luis Sendón.

A alcaldesa de Fene, Sandra Permuy.

O acto desenvolveuse na Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé que acolle este ano a exposición do certame, cunha selección das obras presentadas. Pero, amais da mostra física, desde onte pódese visitar unha exposición virtual do certame, con todas as obras, na web do Museo do Humor Xaquín Marín.

Aproveitando que este ano a temática do concurso xiraba en torno ás bibliotecas “como espazos fundamentais para a educación, a cultura, a inclusión, a información… nos que, ás veces, acontecen escenas hilarantes, que provocan risa”, a Biblioteca Municipal de Fene foi o escenario escollido para a entrega de premios do III Concurso de Bd de Humor Demo Pequeno:

Na CATEGORÍA INFANTIL:

1º Premio, dotado con 100 € en metálico, un lote de libros de banda deseñada de Demo Editorial, material de debuxo por valor de 75€ e diploma, á obra presentada co título Puchichi en la biblioteca, de Zoe Pérez Fernández (Vigo). O xurado valorou a boa resolución técnica da obra, moi profesional, a claridade narrativa e o sentido do humor. Tamén salientou a boa caracterización dos personaxes e a atención ao detalle. E, sobre a trama, que é un autorretrato xeracional.

2º Premio, dotado cun lote de libros de banda deseñada de Demo Editorial, material de debuxo por valor de 50€ e diploma, á obra presentada co título Ov@ na biblioteca, de Emma González González (Vigo). O xurado valorou o acabado técnico, o bo criterio na paleta de cor e unha planificación axeitada, así como a resolución da historia. Sobre a trama, salientou que pon en valor a lectura e o valor da fantasía a través do humor absurdo.

Mención de honra, con diploma e agasallo pero sen dotación económica, ao traballo presentado por Roi Cabrera Cancelo (Sada) baixo o título Unha animalada de biblioteca.

Mención de honra, con diploma e agasallo pero sen dotación económica, ao traballo presentado por Elio Pérez Pujades (Sada) baixo o título Robo Tempo na biblioteca.

Foto.-Fuente Concello de Fene

Na CATEGORÍA XUVENIL:

1º Premio, dotado con 150 € en metálico, un lote de libros de banda deseñada de Demo Editorial, material de debuxo por valor de 100€ e diploma, á obra presentada co título As cousas que pasan, de Nuno Tizón Couñago (Vigo). O xurado valorou en primeiro lugar o excelente emprego da linguaxe do cómic e a propia historia que transmite unha mensaxe positiva da lectura e das bibliotecas. Tamén salientou que é capaz de transmitir a idea sen texto e o acabado da obra moi claro, limpo e lexible.

2º Premio, dotado cun lote de libros de banda deseñada de Demo Editorial, material de debuxo por valor de 75 € e diploma, á obra presentada co título O parrulo e a biblioteca, de Pedro Jove García (Vigo). O xurado valorou a orixinalidade do plantexamento, o deseño de páxina, a resolución concisa e efectiva dos diálogos, a paleta de cores e o sentido do humor.

Mención de honra, con diploma e agasallo pero sen dotación económica, ao traballo presentado por Mario Martínez Lago (Fene) baixo o título Unha idea creativa.

Mención de honra, con diploma e agasallo pero sen dotación económica, ao traballo presentado por Xián Rodríguez Domínguez (Vigo) baixo o título Como manter unha biblioteca en silencio.

Foto de grupo dos Premiados. Fuente-Concello de Fene

Por terceiro ano consecutivo, o Museo do Humor Xaquín Marín (Concellería de Cultura de Fene), e Demo Editorial apostaron pola risa, pola cultura e polo talento da xente nova, organizando un certame que en cada edición se supera en número de participantes (este ano foron 115) e na calidade das obras presentadas.

Lea también

O concerto Proyecto 1800 abre en Cedeira os actos culturais e festeiros da fin de semana

O concello de Cedeira ten esta fin de semana unha axenda inzada de citas culturais …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *