A asociación oncohematolóxica Por+Vida celebra en Fene unha andaina e xantar solidario

A Asociación Oncohematolóxica Por+Vida vai celebrar este domingo 15 de xuño a súa tradicional andaina en Fene, en horario de mañá na praza alcalde Ramón Souto González. É o 17 aniversario do programa de educación física contra a fatiga oncolóxica iniciado en Fene no ano 2008, sendo o xermen da orixe desa asociación.
 
 
O programa de dita xornada é o  seguinte: ás 10.30 horas, recollida de dorsais e benvida, de 11 a 12 horas a andaina cun percorrido de 1 hora pola zona urbana e rural de Fene e Perlío) e volta outra vez á praza do concello (alcalde Ramón Souto González) e de 12 a 13 horas a lectura do manifesto, sorteo de varios regalos doados por diferentes entidades da comarca e remate coa actuación musical de May Dance Studio (de Fene)
 
Unha vez rematada esa xornada haberá o XANTAR SOLIDARIO ás 14.30 horas no CCRD Perlío (con inscripción previa).
 
 

Lea también

Ferrol celebra la tradicional verbena del mantón, otra actividad de tardeo sénior

Tendrá lugar este sábado 13 en el parque Reina Sofía de 21.00 la 23.00 horas. …