Últimos días para inscribirse na Xornada de Portas Abertas que organiza a Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol

A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) organiza, este venres 13 de xuño, ás 17:00 horas, unha Xornada de Portas Abertas dirixida a alumnado de Bacharelato e de ciclos de FP Superior.

foto de archivo

Ao longo da xornada, as persoas participantes poderán achegarse á oferta formativa de grao que se imparte na escola e coñecer algúns dos laboratorios do centro. As inscricións poderán formalizarse, ata as 14:00 horas do xoves 12 de xuño, chamando ao 881 01 3226 ou ben enviado un correo electrónico a subdireccion.estudantado.difusion.epef@udc.gal.

Na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) impártense os graos en Enxeñaría Mecánica, en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais, en Enxeñaría Naval e Oceánica, en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática e o Programa de Simultaneidade en Enxeñaría Mecánica e Enxeñaría Naval e Oceánica.

A maiores, o centro oferta o grao en Enxeñaría Eléctrica, o primeiro grao dual do Sistema Universitario de Galicia (SUG), e o grao aberto en Enxeñaría Industrial, unha titulación que lle permite ao estudantado elixir a carreira que finalmente vai estudar no segundo curso, optando así polo grao en Enxeñaría Mecánica, en Tecnoloxías Industriais, en Enxeñaría Eléctrica ou ben polo Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática.

http://Inscrición – Xornada de Portas Abertas da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) – Venres 13 de xuño, ás 17:00 horas.

Lea también

Alumnado do grao en Xestión Industrial da Moda presentaron unha exposición con prendas que usaban os seus avós e avoas

Máis de 50 estudantes do primeiro curso do grao en Xestión Industrial da Moda, titulación …