Máis de 1.200 escolares participaron na “XVII Marcha Ciclista Escolar”

A décimo sétima edición da Marcha Ciclista Escolar resultou un ano máis un éxito de participación. Sobre as 9:30 horas saían dos seus respectivos centros de ensino da cidade uns 1.200 alumnos nas súas bicicletas en dirección ao paseo marítimo de Xuvia, onde se reuniron para tomar un refrixerio e descansar un pouco antes de regresar de novo, sobre as 12:45 horas, ás aulas.

Fuente Concello de Narón

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, o edil de Seguridade Cidadá, José Oreona, e a concelleira de Ensino, Olga Ameneiro, estiveron cos  nenos que participaron.

Antes da súa chegada os participantes, segundo os centros, reagrupáronse no aparcamento do Pazo da Cultura e na glorieta de Freixeiro. Dende alí chegaron ao paseo de Xuvia pola rúa Xoán XXIII e a volta aos centros foi polo paseo de Xuvia en dirección a Megasa.

Fuente Concello de Narón

Dende o Concello agradeceuse a implicación do persoal docente e Anpas dos centros Ponte de Xuvia, Jorge Juan, O Feal, o CRA de Narón, A Gándara, Santiago Apóstol, Virxe do Mar, Ayala, A Solaina e Piñeiros, acompañados por persoal docente, das ANPAS, e tamén do Maciñeira de Neda, que un ano máis participou na convocatoria.

Así mesmo, destacouse o labor dos pais e nais a título particular que acompañaron aos menores no recorrido, de persoal do moto club Fojeteiros, de clubs ciclistas locais, Protección Civil e Policía Local.

Lea también

El trofeo del Mundial femenino conquistado por España en 2023 se exhibe en Ferrol dentro de la iniciativa ‘Elas Xogan’

La plaza de la Constitución de Ferrol acoge este viernes una de las actividades de …