Valentín González Formoso defende que a UDC imparta Medicina

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, sumouse ás voces que demandan a implantación da carreira de Medicina na Universidade da Coruña.

Formoso xustificou esta necesidade na falta de profesionais médicos que sofre actualmente Galicia: “Hai unha demanda da sociedade galega de ampliar a plantillas de médicos que agora mesmo son insuficientes, especialmente no rural e en especialidades como Pediatría, onde o 15% das prazas quedan sen cubrir”, o que propicia que miles de nenos en Galicia non dispoñan de servizo de pediatría no seu centro de saúde máis próximo.

Neste sentido, destacou que Medicina é “unha carreira vocacional, probablemente a máis vocacional que existe” e lembrou que cada ano hai 3.000 persoas en Galicia que solicitan o acceso á carreira de Medicina e que a Universidade de Santiago oferta unicamente 400 prazas, pero pide máis de 500 prazas MIR cada ano e se estima que un de cada tres médicos se xubilará na próxima década.

“Se cada ano hai 2.600 estudantes que quedan sen praza e siguen faltando médicos, non se entende que non poda haber unha nova oferta nunha cidade como A Coruña, que ten unha Facultade de Ciencias da Sáude consolidada, que garante unha docencia clínica de alta calidade, e que ten un hospital que está en todos os índices de referencia como o primeiro de Galicia e entre os mellores vinte hospitais de todo o Estado”, afirmou Formoso, que subliñou a importancia de garantir que as e os estudantes de Medicina “podan seguirse formando na pública” e a carreira non quede só reservada para os que que podan permitirse as universidades privadas.

O presidente da Deputación avogou por seguir mantendo “un papel preponderante a Facultade de Medicina de Santiago”, pero preguntouse “por qué non unha Facultade de Medicina na Coruña que dé cobertura a esta demanda social, a esas vocacións e que permita que os estudantes de Medicina se sigan formando na pública, que é o que está demandando a UDC?”, preguntouse.

 

Lea también

Exponav acoge una conferencia magistral sobre la influencia de Álvaro de Bazán en la construcción naval del siglo XVI

    El museo de la Construcción Naval de Ferrol (EXPONAV) será escenario hoy miércoles …