1200 escolares de Narón participan na XVII marcha ciclista escolar

A celebración deste evento implicará cortes de tráfico na estrada de Castela e outros viais da zona ao paso dos participantes. O Concello de Narón organizou unha nova edición, a décimo sétima, da Marcha Ciclista Escolar, na que este martes 10 participan uns 1.200 escolares da cidade.

O alumnado dos colexios Ponte de Xuvia, Jorge Juan, Piñeiros, O Feal, CRA de Narón, A Gándara, Santiago Apóstol, A Solaina, Ayala e Virxe do Mar participará nesta convocatoria, entrando ao paseo de Xuvia pola rúa Xoán XXIII, así como o centro Maciñeira, de Neda.

A saída para os centros será ás 12:15 horas polo paseo de Xuvia, en dirección a Megasa. Dende o Consistorio recordaron que na estrada de Castela e outras próximas aos colexios haberá cortes puntuais de tráfico ao paso da marcha, tanto á ida como á volta aos centros. A marcha organizouse en tres grupos, o primeiro terá a ruta Ponte de Xuvia, Jorge Juan, Piñeiros, O Feal e CRA de Narón con saída ás 9:30 horas e que se reagrupará na rotonda de Freixeiro sobre as 10:00 ou 10:15 horas.

O segundo grupo partirá a esa mesma hora do CEIP Virxe do Mar, que irá co alumnado do Ayala e da Solaina ata o aparcadoiro do Pazo e o grupo 3 sairá ás 9:35 horas das inmediacións do pavillón da Mocidade cos escolares da Gándara e Santiago Apóstol, tamén cara ao aparcadoiro do Pazo

Lea también

El CF José M. de la Mata será el nuevo Comandante de las Unidades de la Fuerza de Acción Marítima en Ferrol

El capitán de fragata José Manuel De Mata Hervás será el nuevo Comandante de las …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *