A programación da Academia AresXSalud pecha cun showcooking sobre ceas saudables

A docente gastronómica Eva Pazos, profesora na escola Oído Cociña, puxo o punto e final ao ciclo divulgativo municipal da Academia AresXSalud para a tempada 2024-2025, xunto coa concelleira de Benestar, Victoria Montenegro. A Alianza Aresana foi o escenario do seu showcooking o pasado venres, onde ensinou á veciñanza como elaborar cear equilibradas e nutritivas no día a día.

Durante dúas horas, a cociñeira compartiu en directo técnicas e receitas pensadas para mellorar os hábitos alimentarios sen complicacións, dirixíndose especialmente a familias que buscan ideas sinxelas pero saudables. O formato de showcooking axudou aos asistentes a aprender namentres observaban a elaboración paso a paso, formulando as súas dúbidas durante a sesión.

Con esta actividade, organizada polo Concello de Ares en colaboración con REGAPS Ferrol e a Asociación de Diabetes de Ferrolterra, a Academia AresXSalud despídese até o vindeiro curso mantendo o seu obxectivo principal: achegar o coñecemento á veciñanza da man de expertos da contorna para mellorar a saúde e o benestar colectivo.

Lea también

Finalizan en Neda los trabajos de construcción de la nueva rotonda de Xuvia

Finalmente han concluido las obras de la rotonda de Xuvia, una intervención solicitada por el …