Valdoviño acolle a obra “Que che vaia ben meu canciño do palleiro”

O grupo de teatro do Centro Cultural Rosalía de Vilaboa representa este domingo 8 na casa da cultura de Valdoviño a súa obra «Que che vaia ben meu canciño do palleiro». A función está prevista para as 18:00 horas, con entrada de balde e libre ata completar aforo.

A peza chega ao auditorio de Valdoviño precedida do éxito de público e crítica colleitado na súa estrea, o pasado 18 de maio en Vilaboa, no que foi o acto central das Letras Galegas no municipio. Daquela, os veciños abarrotaban o centro cultural Rosalía, onde se congregaban máis de 170 persoas para seguir a representación. Un poder de convocatoria que o grupo confía en reeditar este domingo.

«Que che vaia ben meu canciño do palleiro» é un reflexo da realidade das aldeas galegas que loitan por seguir vivas, que saúdan a chegada de novos veciños e veciñas con alegría, pero tamén recelo. Unha peza que tamén fala de expectivas discordantes coa realidade para os novos residentes.

Escrita e dirixida por Ana María Bouza García, supón o regreso aos escenarios dun grupo de mozos e mozas que, no seu día, integaron o grupo de teatro infantil da parroquia. Hoxe, con máis ganas que nunca, propóñense consolidar este proxecto teatral coa entrada de antigos compañeiras.

Lea también

La escuela infantil de Neda arranca el curso con 25 niños y matrícula abierta para cubrir plazas libres

Con el proceso de adaptación de los 25 niños y niñas que iniciaron el curso …