O Centro de Interpretación de Caldoval amplía os días de apertura na época estival

O Centro de Interpretación de Caldoval amplía os días de apertura de xuño a setembro, de martes a domingo, en horario de mañá de 10:30 a 14:00 e de tarde de 16:30 a 20:00 horas. Os luns permanecerá pechado.

Continúan as visitas guiadas os fins de semana ás 10:30, 12:30, 16:30 e 18:30 horas, previa reserva; así como obradoiros ás 11:30 e 17:30 horas. A maiores, e sen necesidade de reserva, pódese optar por facer o xogo de pistas sobre a Antiga Roma que se enconden por todo o edificio, ou practicar xogos da Antigüidade clásica na palestra do exterior.

As actividades especiais programadas para este mes son as seguintes:

 “Inimigas de Roma”, o domingo 8 de xuño, ás 12:30 e ás 18:30 horas. Trátase dunha visita especial na que percorreremos séculos da historia a través de mulleres que puxeron contra as cordas á todapoderosa Roma.

“Escavación en Caldoval” o sábado 21 ás 11:30 e ás 17:30 horas. Un obradoiro dedicado especialmente a público familar con nenos e nenas a partir dos 8 anos no que convertirse en arqueólogxs por un día aprendendo o seu método científico.

Recordamos que todas as nosas actividades son de balde, só hay que reservar para participar aportando nome, teléfono ou correo electrónico, número de asistentes e idades (en caso de participar menores) ao correo electrónico info@museocaldoval.gal e teléfono 687072116.

Lea también

Informes técnicos determinan en Mugardos la tala de la palmera en la avda de Galicia

El Concello de Mugardos anuncia con pesar la inevitable tala de la palmera situada en …