Case 400 deportistas toman a saída na X Carreira Popular de San Sadurniño

A zona da Cortiña e varias pistas dos arredores do centro urbano veranse afectadas na mañá deste domingo 1 de xuño por restricións ao tráfico e ao estacionamento en distintos puntos por causa da celebración da Carreira popular de San Sadurniño. Iso si, só será entre as 11:15 e as 12:30 horas aproximadamente, por ser nese intervalo cando vai desenvolverse a proba absoluta de 4,9 quilómetros.

Fuente Concello San Sadurniño foto arquivo/ César Galdo

Na décima popular organizada polo Concello inscribíronse 389 deportistas, a maioría delas e deles para a carreira de maior distancia, que arrancará e ás 11:30h pasando pola Bidueda, Cornide, a estrada de Ortigueira, os xardíns municipais e volta polo paseo fluvial até o arco de meta situado no arboreto da Cortiña. 

Así, estará prohibido aparcar xa desde primeira hora da mañá na marxe dereita da pista que cruza Cornide e tamén na beira dereita da AC-862 en sentido Ortigueira, posto que o paso dos corredores e corredoras se fará polo arcén da estrada xeral desde Cornide até a Casa do Concello.

Ademais tamén se cortará o paso na estrada da Penamoura á altura do desvío para Cornide, no cruzamento da da Bidueda coa DP-7601 á altura das naves de Forestal Cando. Tamén permanecerá restrinxido o paso na pista que vai paralela ao arboreto da Cortiña, lugar de chegada e saída de todas as probas que contará nas inmediacións da área de servizos para autocaravanas con suficiente espazo habilitado para que público e deportistas deixen os seus coches.

Desde o Concello insístese en que non se estacione no eixo que baixa desde a parte alta de Cornide até a estrada de Ortigueira (á altura do cruzamento que vai á depuradora e A Portela), nin tampouco no tramo comprendido entre ese punto e a casa consistorial, de cara a previr que as persoas participantes na carreira se metan na calzada, que non terá o tráfico cortado.

A este respecto prégaselles ás e aos deportistas e espectadoras e espectadores que aparquen no campo situado entre o Centro de Día e a área de Autocaravanas, ou que empreguen o aparcadoiro do Centro Municipal de Empresas e as beiravías do centro urbano.

Segundo o regulamentoos dorsais para a Carreira Absoluta poderán recollerse na Cortiña entre as 9:00 e as 11:15h, mentres que para as categorías inferiores deberán retiralos 40 minutos antes de cada carreira. O programa horario é o seguinte:

11:00 horas Sub 14 e Sub 16 masculino e feminino – 900 m de percorrido

11:30 horas Carreira absoluta – 4,9 km – desde Sub 18 ata Máster 4, masculino e feminino

12:20 horas Sub 12 masculino e feminino – 600 m de percorrido

12:35 hotas Sub 10 masculino e feminino – 300 m de percorrido

12:45 horas Peques – 60 m de percorrido (varias saídas para evitar atropelos. Sen cronometraxe)

Ao remate de cada proba haberá avituallamento líquido e sólido na carpa instalada no recinto e tamén servizo de fisioterapia para tonificar a musculatura ofrecido pola clínica local Fisio-Che Ben. Durante a mañá permanecerán abertas as duchas do pavillón polideportivo municipal. A entrega de trofeos para as persoas ganadoras en cada distancia comezará sobre as 13:30h. Ademais, un furgón de comidas da campaña Galicia sabe a Mar tamén estacionará no recinto da Cortiña para ofrecer de balde petiscos elaborados con peixes e mariscos do noso mar e as nosas rías, co obxectivo de promocionar o consumo destes produtos e poñer en valor o traballo do sector.

Na décima popular de San Sadurniño inscribíronse un total de 389 corredores, 230 para as distintas categorías da proba absoluta e 159 para as escolares. O evento forma parte do calendario oficial da Federación Galega de Atletismo. Na organización tamén colabora o club MTB Biela e Chaveta.

Lea también

El trofeo del Mundial femenino conquistado por España en 2023 se exhibe en Ferrol dentro de la iniciativa ‘Elas Xogan’

La plaza de la Constitución de Ferrol acoge este viernes una de las actividades de …