A Biblioteca municipal de Narón acolle este venres 30, a presentación do libro “Muller volcán: prosa para intensos”, da autora Hateya Vallejo García. A concelleira responsable de área, Olga Ameneiro, indicou que o acto, que dará comezo ás 18:30 horas e no que a escritora estará acompañada por Daniel Jérica Sánchez, está aberto á asistencia da cidadanía en xeral.
“Muller volcán” é o primeiro libro desta autora, editado este mesmo ano, e está concibido como unha reflexión literaria arredor da intensidade emocional e da capacidade de superación. Vallejo combina a memoria e escrita creativa nun conxunto de textos que invitan á lectura pasada e á empatía.
A autora, nada na Línea de la Concepción (Cádiz) no ano 1997, forma parte da Armada Española, compaxinando o seu labor coa escritura. No libro propón unha obra en prosa lírica marcada pola expresión emocional e a experiencia vital, abordando temas como o amor, a perda, a identidade e a reconstrución persoal.
Ao remate do acto as persoas que o desexen poderán adquirir exemplares da publicación.