O BNG de Ferrol presenta unha moción sobre a situación de Emafesa

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou unha moción co obxectivo de que que o pleno da corporación respalde as mobilizacións do persoal da empresa EMAFESA e se retomen as negociacións do convenio colectivo en aras de mellorar as condicións laborais do cadro de persoal.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, lembra «que EMAFESA ven de aplicar da man do goberno local unha suba inxustificada do prezo da auga na nosa cidade co único obxectivo de salvar as contas da empresa e á que o Partido Popular pretende garantir os beneficios da súa parte privada sen esixirlle ningunha responsabilidade pola súa neglixente xestión».

Así mesmo, Rivas incide no «nefasto que resulta para a veciñanza de Ferrol a decisión deasumir a xestión da depuradora, onde seguimos a asumir os gastos do concello de Narón, e que deberiamos devolverlle a súa xestión à Xunta de Galiza para que se faga cargo desta infraestrutura que na situación actual supón que os veciños e veciñas de Ferrol están a cargar cuns gastos que non lles corresponden».

«Fronte a esta situación o comité de empresa de EMAFESA ven denunciando a nefasta xestión empresarial da compañía, que impacta de xeito directo e sostido nas condicións laborais do seu persoal». «Nos últimos anos, a perda de poder adquisitivo é unha constante. Os incrementos salariais pactados en convenio nunca chegan a compensar o aumento real do custo da vida, acumulándose un desfase que lastra a economía das familias traballadoras. Nos últimos anos, onde a carestía da vida aumentou de xeito dramático, segundo datos do Comité o plantel perdeu arredor dun 13% de poder adquisitivo».

Lea también

Comienzan en Ferrol las obras de reparación en la calle Seselle

El Ayuntamiento de Ferrol ha iniciado las obras de reparación del vial y ampliación de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *