Máis de 1.500 alumnos de Ferrol e comarca déronse cita no auditorio na Festa do Correlingua

Avd. do Mar-Caranza (Ferrol)

A concelleira de Educación e Universidade, de Ferrol, Patricia Cons, participou este martes na festa da Correlingua, que se celebrou no auditorio de Ferrol. Máis de 1.500 alumnos e alumnas de diferentes centros educativos de Ferrol, Narón e Fene deronse cita, un ano máis, nesta festa da lingua; “Ver esta participación tan activa, tanto de alumnado como de profesorado, éncheme de esperanza, xa que o futuro da nosa lingua está nas vosas mans”, manifestou.

Cons que afirmou que “o Correlingua é moito máis ca unha carreira ou unha xuntanza: é unha celebración da nosa lingua, da nosa identidade e da forza que temos cando camiñamos xuntos e xuntas polo galego”.

A responsable de Educación agradeceu o traballo do profesorado, dás equipas de normalización lingüística e estendeu o agradecemento aos alumnos por formar parte desta festa, “por facer do Correlingua algo tan especial e por lembrarnos que o galego é futuro, é forza e é festa”, concluíu. Ademais, animou ao alumnado a “seguir defendendo o galego con alegría, con creatividade e con orgullo”.

Lea también

El grupo ferrolano BÖJ recibe el Premio de la Música de la SAF

La Sociedad Artística Ferrolana otorga además la Primera Medalla «Sotomayor» al pintor Pepe Barreiro Gómez …