A exposición “Gritos en el Silencio” de Lucas Blanco pódese visitar no Campus Industrial de Ferrol ata este venres 23 de maio

A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, xunto co fotógrafo Lucas Blanco na Sala Anexa ao Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol.

A Sala Anexa ao Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolle, ata este venres 23 de maio, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, a exposición “Gritos en el Silencio” de Lucas Blanco.

Convidado pola Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) da Universidade da Coruña (UDC), o fotógrafo naronés presenta unha escolma das numerosas imaxes tomadas ao longo das súas viaxes polo mundo, destacando aquelas nas que se reflicte a situación dos campamentos de refuxiados saharauis e sirios ou nas que se amosa o desastre ecolóxico de Texaco, no Ecuador.

Lea también

Última oportunidade en Neda para apuntarse ao taller intensivo de interpretación deste sábado

Últimos días para anotarse no taller intensivo de interpretación que terá lugar este sábado na …