Celébrase unha reunión de seguridade con motivo do 37 Rally Cidade de Narón

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presidiu este mediodía unha reunión de seguridade programada con motivo da celebración, o día 24 de maio, da 37 edición do Rally Cidade de Narón. Os edís de Seguridade Cidadá, José Oreona, e Deportes, Ibán Santalla, participaron na convocatoria

Tamén estiveron presentes o oficial de Prevención do SPEIS, Simón Cabarcos, o oficial da Policía Local de Narón, José Antonio Carballido; Jorge Prado, presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Narón; o coordinador xeral do rally, Ramón Padín xunto con Ramiro Fandiño, Marcos Castro e Gonzalo Fernández, xefe de Seguridade do rally, responsable de seguridade en base e responsable de protocolo e prensa, respectivamente; o xefe da demarcación de Tráfico de Ferrol, Javier Dopico, e outros responsables do Corpo e tamén da Policía Nacional de Ferrol-Narón.

No transcurso da xuntanza abordáronse os temas relativos á seguridade do evento, que comezará o venres 23 cun shakedown pola parroquia de San Xiao, nun tramo de 2,76 quilómetros nos que equipos e pilotos poderán axustar os seus vehículos. Así mesmo, conxuntamente repasaron os plans de seguridade de todos os tramos cronometrados, cinco en total: As Cortiñas, As Enchousas, Santa Cristina, As Barcelas e Sedes.

Os participantes no rally percorrerán un tramo de 418 quilómetros o sábado, dos que 119,78 serán cronometrados e que discurrirán polos concellos de Narón, San Sadurniño, Moeche, Cerdido, As Somozas e, tamén este ano, Valdoviño.

Lea también

Efectivos del SPEIS de Narón sofocaron un incendio en Castro

Los bomberos del Servicio de Prevención, Extinción de Incendios y Salvamento (Speis) de Narón tuvieron …