Sequeiro, acolle a XXII Mostra das Asociacións de Valdoviño

O encontro, tivo lugar este sábado promovido polas diferentes asociacións veciñais, culturais e deportivas da localidade, coa colaboración do Concello e o apoio das cooperativas de Lago, Meirás e Vilaboa, volveu mostrar o seu poder de convocatoria.

Tras a sesión vermú, o alcalde, Alberto González, inauguraba o certame, agradecendo a implicación e traballo das asociacións do municipio. E deseguido, comezaba ao xantar popular, no que participaron máis de 300 persoas.

Na sobremesa, a festa continúa coas actuacións dos grupos de música e baile tradicional das diferentes agrupacións da localidade, e co imprescindible sorteo de agasallos aportados polas propias asociacións. Ademais houbo espazo para a exposición de labores e manualidades realizadas nas clases impulsadas polas entidades. E como broche de ouro, a actuación de Los Nostálgicos. 

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …