As Pontes licita a IV fase das obras de mellora da avenida de Galicia

A xunta de goberno local do Concello das Pontes aprobou, a semana pasada, a licitación a cuarta fase das obras de mellora de pavimentos e servizos da avenida de Galicia.

Fuente Concello de As Pontes

Esta actuación, cun orzamento de 277.173 euros e financiada integramente pola Deputación de A Coruña a través do POS (Plan de Obras e Servizos), permitirá darlle continuidade ao proxecto de rehabilitación, humanización e mellora da accesiblidade levado a cabo polo goberno local na principal vía de comunicación do municipio, a través da renovación da praza do Hospital e as obras das tres fases anteriores executadas na avenida de Galicia.

Os traballos incluídos neste proxecto permitirán a eliminación de desnivel entre a estrada e as beirarrúas peonís, a mellora da iluminación e a separación da rede de drenaxe da rede de saneamento.

Así, procederase ao retranqueo dos farois existentes e das sinais de tráfico, substituiranse as varandas existende por unha varanda de aceiro inoxidable. Será necesario fresar e demoler o firme existente para poder estender o novo pavimento que, no caso da zona de rodadura e aparcamentos realizarase mediante formigón bituminoso cun acabado impreso con debuxo de lastro e protexido cunha capa de resinas.

A beirarrúa peonil realizarase con baldosa prefabricada, seguindo a liña estrutural e estética da zona. Entre a baldosa e o aglomerado disporase unha fila de lastro de cor negra, prefabricado de formigón. Nos accesos aos pasos peonís e no acceso á rampla executaranse pavimentos con baldosa de botóns para diferenciar o pavimento e alertar ás persoas con discapacidade visual.

Por outra banda, no caso da rede de drenaxe, executarase unha canalización para recoller a auga pluvial e separala da canalización de fecais para o que será preciso executar dous tramos de colectores de pluviais e sumidoiros que se conectarán mediante pozos de rexistro.

En canto á instalación da iluminación pública inclúese a execución de arquetas, a canalización eléctrica, a tiraxe de cable eléctrico e a recolocación ao tresbolillo dos farois existentes. Así mesmo, no paso peonil instalaranse 3 captafaros LED por cada sentido de circulación e sinais de paso luminosas.

As obras rematarán coa instalación de papeleiras, xardineiras, bancos, alcorques para as árbores existentes así como a reposición da sinalización, tanto vertical como horizontal.

Lea también

Casi 2.000 visitantes pasaron este verano por la oficina de turismo de Neda

Casi 2.000 personas fueron atendidas durante este verano en la Oficina de turismo de Neda. …