O BNG de Ferrol reclama reparacións urxentes e mantemento no paseo da Cabana

Foto BNG-Ferrol. Paseo de A Cabana en Ferrol

O BNG acusa ao goberno Muncipal de Ferrol «de seguir afondando nun modelo de externalización de servicios públicos como o do mantemento de parques e xardíns, de ter as zonas verdes nun estado lamentable e de non repoñer o mobiliario máis básico como poden ser bancos ou papeleiras nin mesmo os que afectan a seguridade como poden ser varandas ou rexas de sumidoiros».

O concelleiro do BNG Roberto Montero explica que un bo exemplo disto é o abandono que sofren algunhas zonas do paseo da Cabana e urxe o goberno municipal a tomar medidas para manter de forma adecuada esta zona tan transitada pola veciñanza, comenta que: “a zona do paseo que vai dende a altura do parque infantil da Cabana ata a altura da entrada do túnel da estación naval da Graña faltan parte das varandas de seguridade e outras están nun estado moi deficiente, algúns bancos levan moito tempo rotos sen repoñerse e as zonas verdes carecen de un mínimo mantemento”.

Fotos BNG-Ferrol. Paseo de A Cabana en Ferrol

Montero recorda que o BNG aposta pola xestión directa deste servicio con unha cuadrilla municipal que poida mover o concello en base ás necesidades da veciñanza e que ademais garante unha maior estabilidade para os traballadores/as deste servicio. 

 

Lea también

Un incendio calcina un edificio en ruinas en la calle Arce, en Ferrol

Un incendio se desató alrededor de las diez de la mañana de este miércoles en …