Exposición «Dime, que ves?» en San Sadurniño, con obras de Cartamil e Sendón

Laura Cartamil, Amelia de Querol Orozco e Maricarmen Sendón

Onte sábado quedou inaugurada na Galería do Concello de San Sadurniño a exposición «Dime, que ves?» con obras de Laura Cartamil e Maricarmen Sendón.

Unha colección de clara inspiración natural onde os estampados sobre papel e tea dialogan coas cerámicas que representan faros e cantís azoutados pola forza do vento e o mar. Para acompañar a apertura, a poeta ferrolá Amelia de Querol Orozco recitou algunhas das súas pezas.

A concelleira de Participación e Axenda 2030 do concello de San Sadurniño, Raquel Piñeiro López, destacou o rechamante da mostra plástica e, principalmente, que sexa resultado do traballo «de mulleres que tecen rede a través da cultura en toda a comarca».

A mostra poderá visitarse ata o 30 maio nos horarios de apertura das dependencias municipais, de luns a venres de 8:30 a 15:00 horas.

Laura Cartami, Maricarmen Sendón, Amelia de Querol Orozco e Raquel Piñeiro López

 

Lea también

Exponav acoge una conferencia magistral sobre la influencia de Álvaro de Bazán en la construcción naval del siglo XVI

    El museo de la Construcción Naval de Ferrol (EXPONAV) será escenario hoy miércoles …