Xoán Rubia Alejos presenta en Mugardos o seu libro «O Practicante Rural»

A presentación será este lúns 5 de maio as 20.00 horas na casa do Concello de Mugardos.

xoan rubia libro mugardos

Rubia Alejos achéganos en O practicante rural as lembranzas da súa traxectoria profesional en que se enmarcou a súa vida fóra dos escenarios, “onde calquera parecido coa realidade non é pura coincidencia”.

Un traballo, pouco valorado e menos recoñecido, dos profesionais que foron o primeiro elo da cadea da sanidade pública, hoxe en perigo.

Quere ser este libro unha modesta homenaxe aos compañeiros e compañeiras de profesión que nalgún intre se viron mergullados na soidade dalgunha vila ou aldea de Galicia coa encomenda de ofreceren un servizo público á cidadanía.
 
 
 
 

Lea también

Exponav acoge una conferencia magistral sobre la influencia de Álvaro de Bazán en la construcción naval del siglo XVI

    El museo de la Construcción Naval de Ferrol (EXPONAV) será escenario hoy miércoles …