Iván Puentes, subcampión galego de dúatlon e bronce por clubs co Triatlón Ferrol

Juanchi González Orozco fíxose co campionato galego de veteranos 2.

Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol logrou tres medallas no campionato galego celebrado este sábado 3 en Vimianzo coa prata de Iván Puentes, o bronce na clasificación por clubs e o ouro en veteranos 2 de Juanchi González Orozco.

O ferrolán Iván Puentes comezou marcando un ritmo alto nos 5 km de carreira iniciais. No ciclismo foi dando remudas cos seus máximos rivais, os lucenses Esteban Basanta e Jarno Pousada. Á saída da segunda transición, os tres comezaron a correr esprintando para marcas posicións e Puentes só foi superado por Pousada, que empezou a correr a un ritmo por debaixo de 3 minutos o quilómetro.

Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol, grazas ao tempo de Iván Puentes, e de Hugo Prida -17o- e Pablo Pedrosa – 31o-, entrou en postos de podio sendo o terceiro mellor club. Completaron a participación departamental Chespi Pena -35o-, Juanchi González -40o da xeral e o mellor en veteranos 2-, Roberto Martínez -47o- e Mario López -64o-.

Na proba do circuíto superesprinte de categorías menores, o cadete Adrián Canosa foi terceiro.

Lea también

Las actividades deportivas de Valdoviño Saludable darán comienzo la próxima semana

Cerca de 250 vecinos de todas las edades formalizaron su inscripción en la programación diseñada …