Ao acto asistiron Enrique Álvarez, asesor de Deportes da Deputación de Ourense; Manuél Pérez, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia; Máximo Fernández, presidente da Escola Atlética Pereiro de Aguiar – Ben Cho Shey; e Lalo Gómez, vicepresidente da Federación Galega de Atletismo. Todos eles coincidiron en salientar a importancia desta competición como ferramenta de promoción do deporte de base, da cohesión territorial e do apoio ao talento atlético da provincia.
A XLII edición da Copa desenvolverase en varias xornadas en diferentes concellos ourensáns, o que pon de manifesto a súa vocación integradora e descentralizadora. O calendario de competicións é o seguinte:
1 de maio: O Pereiro de Aguiar – Final Sub10 e Sub12
16 de maio: O Pereiro de Aguiar – Final Absoluta e Máster
23 de maio: O Barco de Valdeorras – Final Sub14 e Sub16
15 de xuño: Esgos – Final Trail Running
Outubro (data por confirmar): Xinzo de Limia – Final Campo a Través
A Copa Deputación de Atletismo reafírmase como unha iniciativa consolidada que fomenta a participación e o espírito deportivo entre atletas de todas as idades e categorías, servindo de plataforma tanto para a base como para os deportistas veteranos.
A colaboración entre a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Atletismo e os clubs organizadores permite ano tras ano ofrecer un circuíto atractivo e competitivo, contribuíndo tamén á dinamización social e deportiva das distintas comarcas da provincia.
Para máis información sobre as probas e inscricións, pódese consultar a web da Federación Galega de Atletismo, atletismo.gal ou os canais oficiais da Deputación de Ourense deportes.depourense.es