As Pontes acolle a fase previa do Cto Galego de Fútbol Sala categorías Benxamín e Prebenxamín

O Concello das Pontes acolle este domingo 27 fase previa do Campionato Galego de Fútbol Sala nas categorías Benxamín e Prebenxamín.

A cita conta coa organización do clube local Lago Sport, a Federación Galega de Fútbol e a colaboración do Concello de As Pontes, mediante o departamento municipal de Deportes.

O alcalde pontés, Valentín González Formoso; xunto co delegado da Federación Galega de Fútbol, Abraham Yáñez; e a presidenta do Lago Sport, Cristina Maceira Franqueiro, presentaron na Casa do Concello, unha convocatoria na que se agarda unha participación de preto de 150 xogadores benxamíns e prebenxamíns de oito clubs das provincias da Coruña e Lugo.

Na súa intervención, González Formoso agradeceu a confianza da federación autonómica na vila pontesa para acoller esta importante convocatoria. O primeiro edil recalcou que é de xustiza que As Pontes conte cunha competición de tan alto nivel, ante a gran afección que hai na vila polo fútbol sala.

Asemade, quixo recoñecer o papel do Lago Sport á hora de fomentar diferentes propostas deportivas que sitúan a APontes no mapa e que permiten fomentar a práctica deportiva de base ao tempo que fan do noso municipio un lugar de referencia e desfrute para visitantes doutros puntos de Galicia.

Tamén houbo verbas de agradecemento da Federación Galega e é que Abraham Yáñez aseguraba que As Pontes sempre é sinónimo de apoio a todo tipo de iniciativa que implique o fomento do deporte de base. De feito aseguraba que é motivo de orgullo contar cun concello que responde ás peticións da Federación Galega, onde o deporte goza de moi boa saúde e que sempre recibe cos brazos abertos calquera das súas propostas. Un agradecemento que Yáñez fixo extensivo ao Lago Sport que sempre colabora con calquera das actividades que chegan dende a Federación.

Pola súa banda, a presidenta do Lago Sport apuntou que a cita deste domingo vai ser unha gran oportunidade deportiva para os xogadores máis novos, ademais dunha ocasión estupenda para promover as virtudes das Pontes como destino de lecer e turístico.

Calendario de encontros

O pavillón municipal da Fraga vai acoller, o domingo, todos os partidos desta fase de cuartos de final da competición autonómica.

Así as cousas, ás 10.00 horas celebrarase o partido de benxamíns entre o Ribeira e o Alto do Vento. Xa ás 11.30 horas comezará o encontro de prebenxamíns tamén entre estes dous mesmos equipos e, dende as 13.00 horas, disputarase o Troula de Betanzos – Gadesport Parrulo Benxamín.

Pecharase a xornada, ás 14.30 horas, co Gadesport Parrulo A – Troula de Betanzos prebenxamín.

Lea también

Cabanas se vuelca con José Luis Maroño en un multitudinario homenaje con más de 200 asistentes

Más de 200 personas llenaron el espacio del acto en Cabanas para rendir un sentido …