Axenda da semana en Cabanas con varias citas sociais e deportivas no concello

Mércores 23

É o Día do libro. Co gallo da súa conmemoración, o Concello de Cabanas organiza ás 16h dirixido a nenos un contacontos con Paula Merlan, obradoiro de marcapáxinas e firma de libros no CEIP Eladia Mariño. Apúntate no 628486285 ou en cultura@cabanas.gal 

Xoves 24

Ás 18h Obradoiro «Entendendo o Envellecemento» no local social de S.C.R.D San Mamede de Laraxe. Organizado por Euroeume en colaboración coa Asociación e o Concello. Impartido por Beatriz Riaño. Prazas gratuítas.

Venres 25

Ás 20h comeza o Torneo de Dominó, organizado polo Concello de Cabanas en colaboración coa Asociación de veciños Santa Cruz do Salto. Ata o mércores para apuntarse os interesados. Toda a información de contacto no cartel.

Sábado 26

Ás 17 horas Rondas finais do Torneo de Dominó, iniciado o día anterior.

Lea también

Finaliza en Mugardos la campaña de donación de alimentos para las colonias felinas

El Concello de Mugardos informa del fin de la campaña de donación de alimentos húmedos …