A Xunta recibe 6 ofertas para a nova glorieta en Xuvia (Neda), cun investimento de uns 370.000€

Os traballos, cun prazo de execución de cinco meses, permitirán dotar esta zona dunha rotonda que contribuirá a favorecer a fluidez do tráfico.

Archivo-Marzo 2025. El Alcalde de Neda, Angel Alvariño y la delegada de la Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, entre otros, viendo la zona donde se ubicará la Glorieta.

A Xunta vén de recibir 6 ofertas de empresas para executar a construción dunha nova glorieta en Xuvia, no concello de Neda, cun investimento de case 370.000€.

O obxectivo é mellorar a seguridade viaria, reformando a intersección entre as estradas AC-862, no seu punto quilométrico 7+280 de xeito aproximado, e a AC-115, actualmente regulada por semáforos. Os traballos, cun prazo de execución de cinco meses, permitirán dotar esta zona dunha rotonda cunha circunferencia de radio 16 metros no anel exterior da calzada, e 8 metros de diámetro no anel interior, que será de formigón cunha pequena zona verde interior.

Ademais actuarase nos treitos de acceso e saída da glorieta da AC-862 e AC-115, nos que se realizarán adaptacións pola implantación desta nova infraestrutura. Tamén se intervirá nos entronques do viario local á glorieta, onde é especialmente relevante o enlace do camiño que entronca actualmente con visibilidade deficiente na AC-862.

Esta intervención contribuirá a mellorar a fluidez do tráfico nesta contorna e por conseguinte, incrementar a seguridade viaria na zona.

Lea también

Los trabajadores de Einsa Print en As Pontes convocan huelga indefinida tras el anuncio de ERE

El comité de empresa de Einsa Print en As Pontes (A Coruña), empresa dedicada a …