O Día do Libro 2025 en Ares: rosas doces para os usuarios da biblioteca e un obradoiro infantil tematizado

O obradoiro, ‘Letras no Cristal’, destínase a crianzas de 5 a 9 anos, cun prezo de 2 euros e precisará de inscrición previa vía telemática: http://www.concellodeares.gal .

Biblioteca Municipal de Ares

Chega o 23 de abril, e con el as celebracións do Día do Libro na vila aresá que deseñou a Biblioteca Municipal para esa mesma xornada.

Ao longo de todo o mércores da vindeira semana, o equipo técnico dinamizador da biblioteca entregará flores doces, feitas de gominola, aos usuarios e usuarias que pasen polas instalacións da Alianza Aresana para traballar, estudar ou levarse algún dos libros en préstamo, e así adozar o día.

Mais os máis pequenos e pequenas de Ares tamén poderán celebrar a literatura e as boas historias co obradoiro infantil ‘Letras no cristal’, unha iniciativa que encherá a biblioteca municipal de textos e nome empregando letras de silicona de varias cores para pegar nos cristais do edificio.

A Alianza Aresana contará dende o propio Día do Libro 2025 con esa decoración tan particular, converténdose en si mesma nunha sorte de relato composto a partir do xogo e da relación dos máis pequenos coa literatura.

O obradoiro precisará de reserva previa, con 15 prazas reservadas que se cubrirán por orde de inscrición a partir do luns, 21 de abril, ás 10:00 horas, na páxina web municipal www.concellodeares.gal.

A sesión está dirixida a crianzas de 5 a 9 anos e partirá dun prezo de 2 euros; E conta co apoio do programa de dinamización lectora ‘Ler Conta Moito’ da Xunta de Galicia.

Lea también

Se inician en Valdoviño trabajos de mejora del firme de 18 viales y caminos

La Administración local invertirá más de 188.000 euros en las obras. El Ayuntamiento de Valdoviño …