Xeoparque Mundial UNESCO Cabo Ortegal lanza unha campaña audiovisual (vídeo)

O vídeo “Vive o Xeoparque Mundial UNESCO Cabo Ortegal” é unha serie de pílulas audiovisuais sobre os 6 geosites amosan a espectacularidade e o valor científico do territorio, declarado Xeoparque Mundial pola UNESCO en 2023.

O territorio do Xeoparque Mundial UNESCO Cabo Ortegal estrea esta semana unha nova campaña audiovisual destinada a poner en valor a riqueza xeolo xica, paisaxística e cultural da zona. A traves dun vídeo turístico e dunha serie de pílulas breves centradas nos
geosites dos que presume o territorio, a campan a propon unha viaxe visual que convida a descubrir un dos espazos naturais máis singulares de Galicia.

O vídeo “Vive o Xeoparque Mundial UNESCO Cabo Ortegal” destaca que Cabo Ortegal non so é un espazo natural de gran beleza, senón tamen un testemun o vivo da interacción entre a humanidade e a xeoloxía ao longo do tempo. A campana tamen pon en valor a riqueza xeoloxica do territorio, que abrangue rochas de máis de 1.160 millons de anos, formando un escenario único para comprender a evolucion da Terra.

As pílulas informativas sobre os diferentes geosites amosan de xeito didáctico e adaptado a todos os públicos a importancia mundial destes lugares, permitindo coñecer a su a relevancia no contexto global da xeoloxía e o seu impacto na paisaxe e na historia do territorio.

Os vídeos foron realizados polo video grafo César Domínguez, de Visualízalo 360, co asesoramento do doutor en xeoloxía Francisco Canosa e coordinados pola asistencia técnica da asociación para a xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal, Goodlife Consultoría. Este
material foi financiado pola Área de Turismo da Deputación da Coruña e promovidos pola Asociación para a Xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal.

“Queremos que a xente vexa e sinta o que fai deste Xeoparque un lugar único no mundo: rochas de máis de 1.160 millóns de anos, cantís vertixinosos, formas de vida tradicionais e unha natureza que fala de tempos xeolóxicos”, explican desde a Asociación. A campaña comeza coa publicación do vídeo principal, disponible nas redes sociais do Xeoparque e na suúa canle de YouTube: https://youtu.be/1vXj_5OjDVI

Ao longo das vindeiras semanas, difundiranse tamén a serie de pílulas audiovisuais sobre os 6 geosites presentes no territorio. A iniciativa insírese dentro das accións de promoción e divulgación do Xeoparque, recoñecido oficialmente pola UNESCO en maio de 2023, e que abrangue sete concellos da comarca: Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurnino e Valdoviño.

Xeoparque Mundial UNESCO Cabo Ortegal: Unha viaxe ao Interior da Terra

A singularidade do Xeoparque Cabo Ortegal radica no feito de que nas súas terras atopamos rochas que normalmente se localizan a máis de 70 quilómetros de profundidade, no manto da Terra. Este feito fai que o Ortegal sexa un lugar de grande interese para a ciencia xeolóxica, que ten aquí un campo de investigación excepcional sobre os cambios e procesos que marcaron a historia do planeta o longo de millóns de anos.

Con este recoñecemento como Xeoparque Mundial da UNESCO, o obxectivo e levar este coñecemento máis ala dos círculos especializados, facendo que os arredor de 28.000 habitantes dos sete concellos que o conforman poidan valoralo e gozar del. Pero tamén se pretende que o Xeoparque Cabo Ortegal sexa un referente divulgativo e turístico, atraendo a persoas de todo o mundo, tanto especialistas como xente xeral.

O Xeoparque non so abarca un valioso patrimonio xeolóxico, senón tamén un impresionante patrimonio natural, paisaxístico e cultural, que inclúe tanto elementos materiais (castros, castelos, fortificacións, etc) como inmateriais (festas, gastronomía, lendas, etc). Todos estes elementos están profundamente entrelazados e coordinados baixo o concepto de desenvolvemento sostible, co propo sito de garantir a conservación e a mellora do territorio de forma equilibrada.

O camiño para converterse en Xeoparque Mundial da UNESCO comezou en 2020, cando se creou formalmente a Asociación para a Xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal, que deu resposta a esixencia da UNESCO de contar cunha entidade xurídica para a candidatura. A primeira presentación do proxecto, ese mesmo ano, non foi exitosa. Non obstante, en 2021, tras mellorar os aspectos do proxecto, a candidatura foi presentada novamente e esta vez obtivo un resultados positivo.

Foi no verán de 2022 cando se celebrou a visita dos avaliadores da UNESCO: Chris Woodley-Stewart, do Xeoparque North Pennines (Reino Unido), e César Goso, do Xeoparque Grutas del Palacio (Uruguai). Tras un exhaustivo proceso de avaliación, o 24 de maio de 2023 anunciouse oficialmente que Cabo Ortegal era Xeoparque Mundial da UNESCO, converténdose así no segundo de Galicia e no único da Península Ibérica en obter este distintivo ese ano.

Lea también

Casi 13.000 estudiantes harán en Galicia la selectividad 2025, con grandes novedades en los exámenes

Las pruebas de la PAU, que se despiden de los tradicionales modelos A y B, …