O Festival da Mocidade coa lingua convoca en Ferrol a máis de 700 mozos a prol da lingua galega

A concelleira de Normalización Lingüística de Ferrol, Patricia Cons, inaugurou a XXXII edición do festival da Mocidade coa lingua, que se celebrou durante a mañá deste venres 11 no auditorio de Ferrol. “O Concello de Ferrol colabora, ano tras ano, neste festival, apoiando o xeneroso traballo que desenvolve o profesorado que constitúe a Coordinadora de Equipas de Ferrolterra”, manifestou a concelleira. Esta entidade está integrada por diversos centros de ensino de Ferrol e da comarca, e dende hai máis de 30 anos traballa a prol da lingua galega.

O seu traballo, coa colaboración do Concello de Ferrol, permite que hoxe actúe, no auditorio, alumnado de diferentes centros de ensino: CPI Atios, IES Concepción Arenal, IES de Fene, IES Sofía Casanova, IES Fernando Esquío, CMUS Ferrol, CPR Tirso de Molina e IES Carvalho Calero. Para participar os alumnos deben crear cancións con letra e música orixinal, un traballo que realizaron hai meses nos diferentes centros de ensino.

Fuente Concello de Ferrol

“Vós, mozos, sodes o futuro do noso idioma, un idioma milenario que nos diferenza neste mundo, cada vez máis globalizado”, afirmou a concelleira que animou aos mozos a seguir participando nos festivais da mocidade coa lingua.

Lea también

La muestra de vehículos de carreras eléctricos abre la semana de la movilidad de Ferrol

El circuito de seguridad vial se traslada al jueves ante la predicción de lluvia para …