A foodtruck de ‘Galicia sabe amar”, este domingo no paseo marítimo de Ares

Foto- Concello de Ares

Este 13 de abril, xusto diante da casa consistorial e ao longo de todo o día, os veciños e veciñas poderán degustar totalmente de balde diferentes produtos galegos do mar e da terra, dentro da campaña ‘Galicia sabe amar’ que propón a Xunta de Galicia por múltiples municipios da comunidade autónoma.

Chegará ó paseo marítimo da localidade aresana unha foodtruck que se encargará de repartir varias elaboracións para poñer en valor o consumo de produtos certificados coma de proximidade, amosando a súa calidade, variedade e bo sabor.

Con todo, a iniciativa tamén serve para dignificar o traballo dos profesionais da pesca e do marisqueo doterritorio galego.

O foodtruck coas degustacións estará dispoñible de 12:00 a 15:00 horas e, xa pola tarde, de 17:00 a 20:00 horas.

Lea también

La Policía Local de Ares detuvo a un vecino de Miño que estaba en búsqueda y captura

Agentes del cuerpo de la Policía Local de Ares, han procedido a la detención de …