Celebración do «Día da Educación Física na Rúa» en Valdoviño

As escolas unitarias de Valdoviño adiantáronse á conmemoración, este xoves, do Día da Educación Física na rúa, e na mañá desde mércores celebraron a efeméride cunha morea de actividades ao aire libre.

A xornada comezaba cunha ruta en bici. Custodiados polos voluntarios de Protección Civil, partían da escola de Taraza para alcanzar o Faro de Punta Frouxeira cun boísimo ritmo de pedaleo. Dende aí, regresaban, nesta ocasión, ata o pavillón municipal O Longoiro para merendar e recuperar enerxías para os partidos de baloncesto cos que completaron xornada coa participación dun equipo de auténtico luxo, o Abeconsa Basketmi.

Pavillón municipal O Longoiro co equipo do Abeconsa Basketmi. Foto-Concello de Valdoviño

Unha xornada de convivencia e deporte que hoxe é unha tradición, e que botaba a andar tras a pandemia, converténdose no primeiro encontro entre as escolas de Lago, Taraza e Vilarrube tralo levantamento das restricións impostas no seu día pola covid-19.

Lea también

Una unidad ADOS visita Valdoviño con la campaña «Non perdas este bus. Lévate ao Son do Camiño»

La unidad móvil de donación de sangre visita Valdoviño el próximo martes 31 de marzo, …