O Museo de Historia Natural de Ferrol organiza visitas guiadas gratuítas esta Semana Santa

As visitas serán tanto na mañá como na tarde do martes 15 de abril e o mércores 16 de abril, en dúas quendas de mañá e unha quenda de tarde, de 1 hora. de duración, cun límite máximo de 20 persoas por grupo.

-Quendas de mañá: 1ª quenda de 10:30 a 11:30 horas e 2ª quenda de 12:00 a 13:00 horas.

-Quenda de tarde: de 17:30 a 18:30 horas.

Non será precisa inscrición previa. Só presentarse no museo uns minutos antes do comezo da cada quenda de visita elexida. Estas visitas guiadas que organiza o Museo de Historia Natural son gratuítas, ao estar patrocinadas pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ferrol.

Por outra parte, o horario de atención ao público do Museo de Historia Natural durante a Semana Santa 2025 (12 – 20 abril) será o seguinte: Luns pechados; Sábado 12 de abril, Martes 15 de abril, Mércores 16 de abril e Sábado 19 de abril de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:30 horas; Domingo 13 de abril, Xoves 17 de abril, Venres 18 de abril e Domingo 20 de abril de 10:30 a 14:00 horas.

Para máis información, poden escribir ao correo electrónico museo@sghn.org ou chamar aos teléfonos 698 141 384 e 881 93 13 15.

 

Lea también

El Museo Naval de Ferrol ultima la exposición del Premio de pintura «ALMIRANTE 2026»

El Museo Naval de Ferrol inaugurará el próximo 29 de octubre la exposición correspondiente al …