A programación cultural prevista para o segundo trimestre de 2025 foi presentada en rolda de prensa polo concelleiro de Cultura, José Antonio Ponte Far. O edil destacou a variada oferta musical que está programada para os próximos tres meses. “Teremos concertos, teatro, cine, exposicións pictóricas e fotográficas, mesas redondas…unha programación variada coa que queremos a todos os ferroláns de diferentes idades”, avanzou o concelleiro.
A primeira das actuacións- revelou- será esta misma semana, o sábado 12 de abril. O auditorio municipal acollerá a actuación de Los Mambo Jambo Arkestra, que ofrecerán un concerto baseado no seu segundo álbum, O Gran Ciclón. O cuarteto barcelonés de música jazz estará acompañado e reforzado nesta ocasión por unha ducia de músicos, que converterán o escenario do auditorio en todo un espectáculo musical potente e brillante. A actuación comenzará ás 20:30 horas e as entradas xa están á venta (na billeteira do Jofre, e na web de A Taquilla) a partir de 12 euros.
Á volta da Semana Santa continuará a música en directo, co concerto de Rulo y la contrabanda (26 de abril), que voltan aos escenarios coa xira Cercanías y Medias distancias. Actuarán no Auditorio, ofrecendo unha actuación máis íntima e acústica, con entradas dende 22 euros.

Xa no mes de maio, neste mesmo lugar haberá outra cita imprescindible: o concerto Silvia&Salvador (10 de maio) interpretado por Silvia Pérez e o gañador do Festival de Eurovisión 2017, Salvador Sobral. Este dúo artístico incorpora na súa xira composicións de recoñecidos compositores como Jorge Drexler, Luisa Sobral ou Lau Noah. Coincidindo co Día das Letras Galegas, o auditorio encherase de novo cun clásico da música galega: Milladoiro (17 de maio) nun concerto homenaxe aos seus 45 anos coma formación. Nesta xira celébrsae a historia dun grupo que percorreu os escenarios de todo o mundo, conseguindo o respecto e o agarimo de profesionais e de espectadores de todo tipo.
Ao día seguinte, esta vez no teatro Jofre, actuará Rosa Cedrón (18 de maio). “Unha oportunidade única para voltar a escoitar os grandes éxitos dunha das voces máis fermosas do panorama musical galego”, afirmou Ponte Far. E sen saír do repertorio de artistas galegos, tamén visitará o auditorio un artista multidisciplinar, que non só toca multitude de instrumentos, senón que tamén os fabricacoas suas propias mans. Abraham Cupeiro (25 de maio) ofrecerá a súa nova proposta, Loira, coa que está a obter importantes recoñecementos dentro do panorama cultural.

A Sociedad Filharmónica Ferrolana traerá nestre trimestre á Orquestra Sinfónica de Galicia en varias ocasións. “Agradezo a súa colaboración, xa que ten moito público este tipo de música clásica na nosa cidade”, sinalou. Nesta mesma semana, actuará a sección infantil (12 de abril), e neste mes actuarácon José Luis Gómez como director e Pacho Flores á trompeta (24 de abril). Michael Sandreling collerá a batuta con Carvara Nepomnyaschaya ao piano (15 de maio) e a Real Filharmonía subirase aos escenarios (30 de maio) con Baldur Brönnimann como director e a mezzosoprano Marie-Claude Chappuis.
No apartado de teatro, destaca a obra Poncia, interpretada pola actriz e cantante Lolita Flores (31 de maio), quen se subirá ao escenario do Jofre para interpretar á criada de Bernarda Alba, baixo a dirección de Luis Luque. Continúase tamén co ciclo de teatroinfantil, o segundo domingo do mes no Jofre (salvo neste mes de abril, que se programou o pasado domingo 6 para non coincidir co Domingo de Ramos), para completar e estandarizar a oferta infantil e familiar durante todo o ano, con entradas ao prezo único de tres euros.
A oferta infantil complétase co programa Petís Duplex 2025, as funcións teñen lugar os domingos ás 12.00 horas no cine Duplex. A entrada é de balde no despacho de billetes do cinema 15 minutos antes de cada sesión. Os máis perquenos poderán ver as películas Hola Frida (20 de abril), El gato Tabby (o días 13 e 27 deste mes) e O Circo (4 de maio). Dentro do programa de Os Xoves da Capela esta mesma semana (10 de abril) actuará a banda de swing Cherry Sweet, interpretando versións vintage de cancións de todos os tempos. Completan este ciclo os concertos de Demo Rumudo (8 de maio) e Cemento Musgo (12 de xuño). Todas as actuacións teñen un prezo único de tres euros. “Estes concertos cubren un espazo moi importante tamén na vida dos espectáculos en Ferrol, xa que acoden moitos mozos, de 18 a 25 anos, que non é doado de conectar con eles”, afirmou o concelleiro.
Nesta programación tamén ten espazo o ciclo de Cineconcerto no teatro Jofre continúa neste trimestre coas seguintes películas: Amanecer con Ricardo Casas ao piano (25 de abril), El Gabinete del Doctor Caligari co acompañamento musical de Caliza (23 de maio) e El maquinista de La General con Jazz on five (20 de xuño).
Para finalizar, o concelleiro recordou que “a oferta cultural complétase coas diferentes exposicións que se esperan no Centro Cultural Torrente Ballester”. Así ata o 9 maio aínda está a exposición Gonzalo Torrente Ballester. A travesía dun creador e a partir do 30 de maio Sergio Vázquez presenta a súa mostra Exposición antolóxica. Na sala Bello Piñeiro, ata o 20 de abril, podemos ver a mostra Orixes III e na sala de proxectos ata o 20 de abril está Os traballos de Hércules e dende o 25 de abril e ata o 25 de maio a exposición de Tebasake y sake caliente de Carolina Martínez.
Para ampliar a información, pódese consultar o enlace Folleto Cultura 2º trimestre da Programación Cultural.