O Museo Naval de Ferrol celebra unha sesión infantil ilustrada

Unha actividade de balde que conta co apoio de CITES FERROL.

 

Unha vez máis, o Museo Naval de Ferrol como espazo ILUSTRADO de gran referencia do Ferrol do século XVIII, a época máis gloriosa da cidade, organiza unha sesión única coa colaboración de CITES FERROL, grazas ao programa FERROL CIDADE ABERTA ÁS EXPRESIÓNS financiado pola Deputación da Coruña.

Un evento que tamén reforza a Candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial entre o público máis novo. De xeito moi especial, o vindeiro luns 14 de abril, o museo abrirá as súas portas entre as 11 é as 13:30 horas para acoller unha divertida actividade dirixida aos nenos entre 5 e 10 anos.

A actividade, que é de balde, consistirá nunha pequeña VISITA GUIADA ao museo, un obradoiro de maquillaxe ilustrado, outro de máscaras da época, vestiranse como no século XVIII, bailarán, xogarán e finalizarán a sesión cun rico chocolate con churros. As prazas son limitadas, polo que é preciso facer unha inscrición previa enviando unha mensaxe escrita de whatsapp ao número 663 333 853, indicando o nome completo do neno ou nena participante.

O Museo Naval de Ferrol é un dos espazos máis singulares e obxecto de orgullo da cidade. Inaugurado o 5 de marzo de 1986, está ubicado dentro da base Naval de Ferrol, no antigo Cuartel de Presidiarios coñecido como San Campio e proxectado en 1765. Mostra dun xeito único a vinculación da Armada coa cidade.

Con esta iniciativa, o Museo amósase unha vez máis como un espazo sempre aberto aos ferroláns, así como a todos os visitantes que se achegan á cidade departamental e súmase ao obxectivo de converter a Ferrol no primeiro destino ilustrado de España.

Lea también

O Museo de Historia Natural de Ferrol organiza visitas guiadas gratuítas esta Semana Santa

As visitas serán tanto na mañá como na tarde do martes 15 de abril e …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *