As Pontes continuará coa mellora de servizos e pavimentos na avenida da Habana

O Concello en previsto continuar cos traballos de renovación da Avenida da Habana, no tramo correspondente ao Poboado do Barreiro.

Esta actuación inscríbese dentro do plan de melloras, de accesibilidade e infraestruturas municipais, programadas por o Concello, que se está materializando no centro urbano, coa mellora da iluminación e eficiencia enerxética, a mellora da accesibilidade peonil e seguridade de todas as persoas usuarias dos viarios, melloras dos servizos e instalacións ocultas e pavimentos.

O proxecto, con orzamento de 286.731 euros, con cargo á Deputación permitirá a reposición dos servizos de alumeado e a instalación de nova rede de recollida de pluviais, así como ao novo pavimento das beirarrúas e da calzada, conformando unha plataforma única, como continuación a outras catro fases xa executadas.

Así, proxéctase a execución dunha nova rede de recollida separativa de aguas pluviais, en ambas marxes da rúa, dotada cos correspondentes sumidoiros e arquetas de recollida de acometidas de vivendas. Así mesmo colocaranse arquetas ó pé das baixantes de pluviais e no caso da rede de saneamento colocaranse arquetas de rexistro nas acometidas dos edificios na marxe esquerda.

Entre os traballos previstos inclúese tamén a renovación do alumeado pública coa instalación de novos puntos de iluminación con tecnoloxía LED, sobre báculos dobres, de 65 w sobre brazo alto na estrada e con luminaria de paseo de 18.8 w para a beirarrúa. As obras completaranse coa execución de novas beirarrúas, con bordo prefabricado de formigón e pavimento con baldosas de formigón granallado, en cor igual á empregada nas fases anteriores, así mesmo os pasos de peóns executaranse con baldosa regulamentaria de botóns e direccional. A calzada pavimentarase con aglomerado, a nivel, para crear unha plataforma única.

A obra completarase coa sinalización horizontal necesaria de pasos de peóns, prazas de aparcamento accesibles, colocación de sinais, portacolectores e a instalación de papeleiras, bancos e xardineiras, realizadas en madeira de elondo, vernizado especial e accesorios de inox.

Lea también

Finaliza en Mugardos la campaña de donación de alimentos para las colonias felinas

El Concello de Mugardos informa del fin de la campaña de donación de alimentos húmedos …