As Pontes e Cerceda recorren contra a Xunta polo reparto «inxusto» dos Fondos de Transición Xusta

O alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso solicita ao goberno autonómico a suspensión e revisión das bases reguladoras das convocatorias das axudas financiadas con Fondos de Transición Xusta.

O pasado 16 de marzo o Concello das Pontes, xunto ao Concello de Cerceda, interpuxo, a través dos Servizos Xurídicos da Deputación da Coruña, un recursos contencioso-administrativo contra a Axencia do Instituto Enerxético de Galicia e o Instituto Galego de Promoción Económica, polas convocatorias das axudas dos Fondos de Transición Xusta asignados a Galicia.

O rexedor local, González Formoso remarca que “se trata dun paso incomodo pero necesario para velar polos intereses dos veciños das Pontes. Orixinamos 107 dos 111 millóns de euros dos Fondos de Transición asignados a Galicia e, en lugar de ser os primeiros beneficiados o que recibimos son cero euros”.

Esta decisión adoptouse ante o inminente remate dos prazos de presentación de proxectos a estas liñas de axudas, neste sentido, Ana Pena apunta que “vímonos na obriga de solicitar xudicialmente medidas cautelares que suspendan ditos prazos, para evitar que os Fondos de Transicións Xusta sexan asignados sen ter en conta aos concellos afectados polo peche de centrais térmicas”.

A concelleira responsable de área, Ana Pena, lembra que durante estes meses, en diferentes reunións e conversas coa Xunta de Galicia, tanto o Concello das Pontes como o Concello de Cerceda, en representación de todos os concellos implicados nos Convenios de Transición Xusta de Galicia, solicitáronlle ao goberno autonómico que atendera ao establecido polo Regulamento da Unión no reparto dos Fondos de Transición Xusta e ser así “nunha ferramenta para paliar os efectos laborais e económicos naqueles territorios que sufrimos, directamente, o impacto dos peches de Centras Térmicas. Este fin non se cumpre nas convocatorias das axudas publicadas pola Xunta de Galicia”.

Archivo. As Pontes.-E.P.

Así, desde o Concello das Pontes subliñan que “a zonificación provincial definida pola Xunta de Galicia outorga unha escasa puntuación aos Concellos en transición, deixándonos en una situación de desvantaxe absoluta con respecto a poboacións que nos están afectadas polo peche dunha central térmica. Solicitamos unha discriminación positiva e os fondos cheguen aos nosos territorios”.

Por outra banda, o Concello das Pontes insiste na a necesidade de poder celebrar unha xuntanza na que se procure un reparto xusto, baseada no acordo plenario, subscrito polo PSOE e o BNG, co voto en contra do Partido Popular, no que se demanda da Xunta de Galicia a suspensión e revisión das bases reguladoras e convocatorias de axuda financiadas co Fondo de Transición Xusta que non conten a data cunha resolución firme así como A paralización e revisión de todas as actuacións con cargo aos Fondos de Transición Xusta de execución directa e/ou mediante convenios, incluídas nos orzamentos da Xunta de Galicia para o 2025.

 

Lea también

Nueva cita en la antigua unitaria de Pantín, Valdoviño para la clasificación de los fondos de la escuela

El Ayuntamiento convoca una nueva cita vecinal en la antigua unitaria de Pantín para realizar …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *