Mantense en Narón o estacionamento de proximidade na parcela do campo de fútbol

O Concello de Narón chegou a un novo acordo co para continuar utilizando como estacionamento de proximidade no barrio da Solaina a parcela que inicialmente utilizaba o citado club para adestrar. 

Trátase dunha superficie de 4.000 metros cadrados de titularidade municipal e que dende o ano 2023 xa se estaba utilizando con esa finalidade, debido a que non tiña uso deportivo. Dende a directiva do club local indicaron que a necesidade dunha área de estacionamento neste barrio tan poboado da cidade se mantén, polo que consideran beneficioso de cara á cidadanía manter este acordo co Consistorio.

Pola súa banda, dende o Consistorio agradeceuse a colaboración do C.D. Estrella A Solaina “por entender esa necesidade e tamén que neste momento é a mellor opción que temos de cara a ofrecer un amplo espazo de estacionamento no centro da Solaina”.

Lea también

Herida una animadora del tren navideño de Narón al caer del vehículo en marcha

La joven, que realizaba labores de animación caracterizada como «elfa», fue trasladada a un centro …