Cedeira aproba a tramitación de subvencións de programas de diferentes institucións

O Goberno local de Cedeira aprobou a tramitación de diferentes axudas, ao abeiro de convocatorias de diferentes organismos da adminstración autonómica, para levar adiante investimentos e contratacións de persoal. En total, os proxectos que se van acoller a estes programas, tanto de adquisición de equipamento como de realización de obras e contratación de servizos, suman un orzamento de máis de 250.000€.

Unha desas axudas é a do Plan Camiña Rural, unha convocatoria da Consellería de Medio Rural que ten por obxectivo a mellora dos accesos a parcelas agrícolas. O Concello de Cedeira vai presentar a este programa un proxecto para a mellora da capa de rodadura en diferentes pistas de titularidade municipal, cun orzamento de 83.310,73€ (IVE incluído). A contía das axudas parte dun fixo para cada munipio que se incrementa despois en función das súas características, entre outras cousas o número de entidades de poboación.

Tamén vai solicitar o Concello, un ano máis, as subvencións do Fondo de CompensaciónAmbiental, que lle corresponden por ter no seu territorio aeroxeneradores e líneas de evacuación da súa produción de enerxía. Neste caso, a administración local vai poder financiar parte da compra dun vehículo, valorado en 125.913,81€, destinado a actuacións de protección do medio ambiente e do espazo natural, e tamén a contratación de dous peóns e un técnico de medio ambiente, todos con xornada completa e durante tres meses. O custo destas contratacións de persoal é de 20.558,22€.

Na mesma sesión a Xunta de Goberno deu luz verde á solicitude de axudas da Consellería de Presidencia para a contratación dunha empresa que prestará o servizo de socorrismo durante o próximo verán. A previsión é contar con tres socorristas durante tres meses, do 15 de xullo ao 15 de setembro, cuxos custos ascenden a 18.119,75€. A subvención solicitada chega a 16.307,78€.

Por último, o goberno local aprobou darlle curso ao proxecto presentado por Viaqua, a empresa adxudicataria do servizo de abastecemento, para concurrir a unhas axudas de Augas de Galicia e realizar unha auditoría dirixida a coñecer o estado da rede e minimizar as perdas. O orzamento é de 8.442,99€ e a subvención cubriría o 80%.

Lea también

El concello de Mugardos regulariza el proceso de solicitud de plazas en la Escuela Infantil Municipal «As Lagoas»

Según informa el concello de Mugardos  «se completó la regularización de las solicitudes de plazas …