A Fábrica Dixital de Bloques, protagonista da próxima conferencia da Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos que promoven Navantia e a UDC

Raul Rico

O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolle, este mércores 19 de marzo, ás 18:00 horas, o relatorio do responsable de Transformación Dixital e Industrial, Rafael Morgade, e do responsable de Produción de Navantia Ría de Ferrol, Raúl Rico, titulada “Fábrica Dixital de Bloques: Vector de Transformación do Estaleiro do Século XXI”.

O relatorio forma parte do Ciclo de Conferencias 2024/25 da Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos que promove a Universidade da Coruña (UDC) xunto con Navantia, baixo a dirección da profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Ana Álvarez, e do responsable de sorograma das Jackets en Navantia Seanergies, Fernando Lago.

Rafael Morgade

Ao longo da súa intervención, o responsable de Transformación Dixital e Industrial, Rafael Morgade, e o responsable de Produción de Navantia Ría de Ferrol, Raúl Rico, presentarán a Fábrica Dixital de Bloques desde unha tripleperspectiva. A primeira delas, como o maior investimento realizado nun estaleiro español nos últimos 50 anos.

A segunda afondará nunha instalación que duplicará a capacidade produtiva do estaleiro e transformará os seus procesos produtivos. E, a terceira e última perspectiva, presentará a Fábrica Dixital de Bloques como un referente na implantación de solucións dixitais a nivel de operación na propia compañía.

A conferencia poderá seguirse en directo a través da páxina web www.catedracosmealvarez.com.

Lea también

Dos ponteses firman el cartel que representará la imagen del Festival Intl. do Mundo Celta de Ortigueira

La obra, “Romaría”, elaborada por Juan Prieto y Joseba Silvent, vecinos del Ayuntamiento de As …