Segunda edición en Neda do programa «Rompendo moldes»

O Concello de Neda impulsaba este xoves a segunda edición do programa «Rompendo moldes«, destinado a acabar cos estereotipos de xénero no eido laboral, chegou esta mañá aos coles públicos locais. Alumnado de 5º e de 6º de primaria tiveron ocasión de coñecer a experiencia de catro mulleres de Neda que se abriron camiño en profesións tradicionalmente masculinizadas.

Consuelo Arús, primeira enxeñeira naval de construción de buques de guerra de Navantia; Paula Romero, técnica de laboratorio no Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil da UDC; Guadalupe Piñón, primeira muller taxista en Narón, e Tamara Cantero, soldado de Infantería de Mariña, compartiron vivencias e consellos coa rapazada, insistindo en que non hai estudos nin profesións só de homes nin só de mulleres.

A concelleira de Igualdade, Ángeles Puentes, agradeceu a colaboración desinteresada das catro profesionais nesta iniciativa, que abre a programación especial do 8M en Neda.

Lea también

Cabanas refuerza durante el verano los efectivos de la Policía Local

El Concello de Cabanas incorpora dos auxiliares de policías locales para reforzar el cuerpo policial …