Actividades educativas, contacontos, a andaina pola igualdade e a Xuntanza de mulleres, pezas centrais da programación de Neda polo 8M

O Concello de Neda deseña todo un mes de actividades para conmemorar o 8M, subliñando a necesidade de avanzar cara a unha igualdade real. Apóstase por unha programación variada e con propostas para distintos públicos, que arrincará nas escolas a vindeira semana e terá como colofón a segunda edición da Xuntanza de mulleres de Neda.

O alumnado dos centros educativos público será un dos grandes protagonistas da oferta municipal. Así, o xoves 6 de marzo chega unha nova entrega do ciclo de charlas “Rompendo moldes”. Catro veciñas de Neda compartirán co alumnado dos últimos cursos do CEIP Maciñeira e do CEIP San Isidro as súas experiencias en profesións claramente masculinizadas. Unha iniciativa busca rachar cos estereotipos de xénero no eido laboral.

Estudantes dos dous colexios citados e máis do IES Fernando Esquío participarán días máis tarde en obradoiros para acabar cos micromachismos, pequenos xestos e expresións sexistas que contribúen a perpetuar os roles de xénero As actividades orientadas aos nenos e ás nenas completaranse, co espectáculo “Peques e Heroas”, de Manuela Varela. Unha proposta que chegará á biblioteca municipal o 15 de marzo no marco do ciclo “Lesme un conto?”, e que está centrada nos pequenos e grandes actos heroicos que moitas mulleres deben acometer para desempeñar a súa carreira profesional.

O público adulto terá o domingo 16 unha cita imprescindible, que conxugará deporte e igualdade. Trátase da Andaina saudable “Avanzando en igualdade”, para a que, proximamente, se abrirá o prazo de inscrición.

No plano cultural, o Mes da muller tamén na biblioteca municipal, que contará cun centro de interese sobre temática, a presentación da novela El secreto de Andrea, da escritora ortigueiresa Isabel Ramos Breijo. Será o día 28. E no campo do lecer, a II Xuntanza de mulleres de Neda aspira a volver reunir o 30 de marzo veciñas da localidade no centro cívico ao redor dun xantar, no que se porá en valor o traballo dunha entidade a prol da muller. Unha vez pasado o entroido activaranse as inscricións.

O Concello de Neda impulsa esta programación especial, na que tampouco faltará a iluminación conmemorativa da fachada da Casa Consistorial, co apoio do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Lea también

La mejor danza contemporánea de Galicia llega al entorno del albergue de Neda

Con la atención puesta en el tiempo, el Ayuntamiento de Neda ultima los preparativos para …