A asociación veciñal Altea organiza festas infantís e cocido de Entroido en Xuvia

A asociación veciñal Altea organiza este domingo 2 de marzo como cada ano a tradicional festa infantil despois do sábado ter o desfile de comparsas en Narón. Ademais nesta ocasión, ao igual que o ano pasado organiza un cocido a prezos populares cunha sesión vermú cun grupo do barrio amenizando.
 
 
A festa infantil comeza o citado domingo 2 ás 17 horas e haberá inchables, pintacaras, globoflexia, disco móbil. «Animámosvos a acudir ao corazón de Narón e celebrar o entroido nun punto de encontro interxeracional» manifesta a asociación.

Lea también

O pleno de Narón aproba a adhesión ao convenio con Seaga en materia de prevención de incendios forestais

A sesión ordinaria de setembro validou todos os puntos da orde do día, entre eles …