O escritor gaditano John Sullivan presentará en Narón a súa novela “Lola, después del Faro”

A Biblioteca municipal de Narón acollerá este venres, día 28, o acto de presentación do libro “Lola, después del Faro”, a última novela do escritor gaditano John Sullivan. A concelleira responsable da área, Olga Ameneiro, informou que a convocatoria dará comezo ás 18:00 horas e contará coa participación da escritora naronesa Isabel Ramos Breijo, que acompañará ao autor nesta ocasión tan especial.

John Sullivan naceu en San Fernando (Cádiz) o 17 de decembro de 1980 e dende a adolescencia desenvolveu unha grande afección pola literatura e, especialmente, pola escritura. A obra que presentará en Narón, “Lola después del Faro”, (ExLibric, 2024) é unha novela curta de misterio que retoma a historia iniciada en El Faro de Estela. Neste novo libro, o autor profundiza na trama e na historia dos personaxes, reducindo o erotismo a detalles puntuais.

Se na primeira novela falaba de amor, perdón e redención, esta obra centra o seu relato na amizade pura, na importancia das pequenas cousas e en cómo a tenrura e os bos sentimentos poden vencer o odio, encarnado polo antagonista Rafael. Unha das curiosidades desta obra é o uso da música en español dos anos 90, que serve como fío condutor da trama, nomea os capítulos e achega simbolismo a través das súas letras.

Tras gañar o Premio Pimienta de relato erótico nas súas edicións de 2018 e 2019, Sullivan publicou en 2021 o seu primeiro libro: “Nombres de mujer”. Un ano máis tarde combinou o erotismo con tramas de misterio na novela El Faro de Estela. A presentación será unha oportunidade única para achegarse ao autor, descubrir os detalles que hai tras a novela e gozar dun evento literario especial.

O acto está aberto ao público en xeral ata completar o aforo dispoñible da sala e á finalización do mesmo todas as persoas que así o desexen poderán adquirir un exemplar desta obra.

Lea también

Este viernes, conferencia sobre el héroe ferrolano Pita da Veiga, en el «Torrente Ballester»

«Quinientos años de la batalla de Pavía. El héroe ferrolano Pita da Veiga» es el …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *