Psoe Ferrol insta a «que se deixe de malgastar os cartos da cidadanía ferrolá»

Os socialistas instan ao Goberno local «a que deixe de malgastar os cartos da cidadanía ferrolá contratando traballos que xa están feitos polo funcionariado»

O grupo socialista de Ferrol denuncia «a contratación a unha empresa privada o pasado 18 de febreiro por parte do Goberno de Rey Varela por un importe de 3.509 € un traballo que xa está feito, o que foi cualificado como “inaudito”. “Non sei se non se enteran ou é que non saben onde invertir os cartos dos ferroláns ou tal vez ambas cousas á vez”, sinalou o concelleiro socialista Germán Costoya.

Como explicou o edil, «dende o primeiro día que chegou Rey Varela, o goberno local dispoñía dun prego de condicións técnicas para a contratación do servizo de conservación e reposición da sinalización da cidade, así como de bolardos e espellos, elaborado pola Policía Local de Ferrol. Malia contar co traballo realizado, e malia o “desastroso” estado no que se atopa a cidade neste sentido, o Goberno do PP “non fixo absolutamente nada en case dous anos e agora contratan a redacción dun prego que xa tiñan dende o principio”. “Parecería un chiste se non fora porque ademais supón pagarlle máis de 3.500 € a unha empresa para que faga un traballo que xa tiñan feito cando chegaron ao Goberno”, afirmou o concelleiro socialista.

O concelleiro subliñou que «a Policía Local é a que mellor sabe todas as necesidades que ten a cidade en canto á seguridade viaria, e por iso no anterior mandato socialista se lles encargou a eles que fixeran o prego para poder contratar todos os traballos que foran precisos. “Pero ao Goberno de Rey Varela non lle chega con ter abandoado Ferrol con pasos de peóns e prazas de mobilidade reducida que case non se ven, sinais de tráfico e bolardos tortos, ausentes ou tirados polas beirarrúas durante estos casi dous anos de mandato, senón que ademáis despreza o traballo feito pola Policía Local contratando a unha empresa privada un Prego que xa se fixo, é inaceptable”, dixo Costoya.

Para o edil do PSdeG-PSOE, “xa está ben de facer política de escaparate, onde o único que lle importa ao Goberno de Rey Varela é realizar pomposos anuncios do que din que van a facer e sacarse fotos ‘facendo como que fan’ pero sen facer nada, e mentres a cidade está totalmente abandoada de traballos básicos como é, neste caso, a seguridade viaria”, apuntou Germán Costoya, que engadiu que “falan de tirar grandes muros mentres a realidade é que son incapaces mesmo de pintar un pequeno paso de peóns ou de repoñer unha sinal de tráfico, un bolardo ou un espello”.

Lea también

Los expedientes de obras de construcción crecen un 8% en 2024 en la ciudad de Ferrol

El sector de la construcción en la ciudad de Ferrol se mantiene estable. Así lo …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *