Ares ultima os preparativos para vivilo Entroido

A Concellaría de Cultura de Ares vén de anunciar a programación que desenvolverá a administración local para celebrar este Entroido 2025, cun abano de actividades para que pequenos e adultos poidan desfrutar da mellor maneira da festa galega. O 5 de marzo, a partir das 17:00 horas, a praza da Constitución encherase de xogos e movemento.

Así, haberá inchables e unha área de xogos, pero tamén minikarts e un cantaxoga con superheroes. A música ambiente acompañará os obradoiros de maquillaxe e chapas, e mesmo o sorteo de agasallos entre as persoas que asistan disfrazadas.

Quen desexe inmortalizar o momento poderá facelo no photocall da S.C. O Tilo, e os que prefiran probar algo doce poderán mercar as súas orellas e chocolate quentiño. A programación concluirá preto das 19:30 horas coa tradicional queima do Entroido na praia. Dende a organización tamén resaltan que, en caso de choiva, todas estas actividades trasladaranse á Pista exterior cuberta do CPI As Mirandas.

A área de Cultura estende o seu especial agradecemento ás tres entidades involucradas no Entroido 2025 xunto co Concello: a Sociedade Cultural O Tilo, o Grupo de Gaitas Aresán que tocará na xornada e o voluntariado de Protección Civil de Ares.

Lea también

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira convoca el concurso de diseño del cartel de 2026

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia la apertura del concurso de carteles …