Tres medallas, catro récords e cinco finalistas, balance galego nos campionatos de España absolutos indoor

Tres medallas, catro récords galegos, cinco postos de finalistas e oito mellores marcas personais, foi o balance das atletas galegas e galegos que participaron esta fin de semana no Campionato de España absoluto indoor levado a cabo nas pistas madrileñas do Gallur.

Belen Toimil- Fot. Federación Galega de Atletismo

As olímpicas galegas e galegos confirmaron os podios

A plusmarquista de España Belén Toimil, confirmaba o seu claro dominio sobre o círculo de de peso logo de mandar a bola no último lanzamento ata os 17.49 m. que a distanciaban en algo máis de dous metros e medio da segunda atleta clasificada. Con este rexistro Toimil logra o seu quinto título consecutivo.

O segundo ouro para os intereses galegos viu da man da medallista olímpica Ana Peleteiro. Carácter e talento foi o que despregou Peleteiro nunha competición á que acudía con certas dúbidas físicas nun ano de profundos cambios na súa preparación. Malia elo, o ADN de campioa aflorou novamente para impoñerse nun concurso cun millor salto de 14.33 m. que serviría para despexar dúbidas e afianzar o camiño a seguir.

Ana Peleteiro. Foto-Federación Galega de Atletismo

Outra das bazas importantes, Adrián Ben, quíxose xuntar á festa galega, sumando o terceiro metal nestes campionatos cunha medalla de prata. O finalista nos Xogos de Tokio, instalado este ano nos 1.500 m., cedía na final tan só ante un intratable Attaoui conseguindo un fantástico subcampionato de España cun rexistro de 3:49.00.

No resto de actuacións, compre destacar os récords galegos absolutos logrados na proba dos 60 valos tanto por parte de Hugo Vázquez do Marineda At. como de Uxía Pereira do Super Amara con 8.39. O internacional coruñés suma esta plusmarca á lograda ao aire libre na proba dos 110 valos, que o instalan definitivamente na élite absoluta estatal.

Pola súa banda na categoría feminina, a tamén internacional Uxía Pereira, lograba acceder á final e xubilar o antigo récord galego que desde o ano 1989 tiña María Jose Martínez con 8.42 confirmando de igual modo á lucense, como un importante valor da especialidade.

Adrian Ben- Foto, Federacion Galega de Atletismo

A atleta Sub20 do Ourense Atletismo Manuela Blanco no concurso de pértega, lograba o terceiro e cuarto dos récords galegos neste campionato, desta vez nas categorías Sub20 e Sub23,  logo de superar o listón a 3.95 m. que a sitúan cada día máis preto de voar por enriba da barreira dos catro metros.

David de la Fuente de O Pino e Pedro Osorio da Gimnástica, ratificaban en Madrid a súa excelente tempada indoor que os permitía acceder a postos de finalistas nas súas respectivas probas. O campión galego indoor dos 1.500 e dos 3.000 m. logrou parar o reloxo sobre o sintético do Gallur en 8:03.87 nos 3.000 m. que lle daban un excelente quinto posto e unha merecida MMP. Pola súa banda un extraordinario Osorio, accedía á unha final dos 800 m. con moitísimo nivel, rematando sétimo e asinando unha MMP de 1:48.93.

No foso de lonxitude, o saltador da Gimnástica Sergio Coello, aterraba en 7.56 m. nun concurso no que estivo loitando ata o final polos metais dos que tan só lle separaron apenas tres centímetros.

Nas combinadas, outro posto de finalista o que sumaba Adolfo Sáinz-Maza do Celta logo de rematar cunha puntuación total de 4.889 puntos e na que a proba dos  60 m. foi a mellor do lucense.

Mención especial ten a participación de Saleta Fernández no que probablemente sexan os seus últimos campionatos indoor de España. A internacional, plusmarquista galega e campioa de España en doce ocasións, lograba un máis que meritorio cuarto posto cun salto de 1.77 nun ano no que, ao igual que os anteriores, novamente as lesións limitaron as capacidades da monfortina.

Melloras marcas personais

No resto de actuacións, compre destacar o excelente campionato realizado polos atletas dos 200 m. Xabier Lires e Ricardo Cortizo quenes melloraban as súas marcas personais en 21.72 e 21.57 respectivamente. Nos valos David Vicente con 8.09 facía o propio nunha proba na que cada vez está máis preto da barreira dos sete segundos.

Lea también

La Infantería de Marina celebra su 488 aniversario con varios actos en Ferrol

El Cuerpo de Infantería de Marina celebra en torno al 27 de febrero de cada …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *