Narón habilita a pista de hockey no pavillón polideportivo do Val

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, desprazáronse ao pavillón da parroquia do Val con motivo da celebración dos primeiros partidos na recentemente remodelada pista de hockey. O Consistorio destinou unha partida de 18.000 euros a acometer o proxecto de montaxe dunha pista de hockey sobre patíns nas citadas instalacións municipais.

Fuente Concello de Narón

A concelleira Mar Gómez acudiu tamén a ver algúns dos partidos que deportistas das categorías prebenxamín e alevín do Club hockey Narón xogaron cos equipos Acordes Trastámara, Compostela e Riazor.

“O hockey sobre patíns é unha das disciplinas cun club dos que máis recentemente se asentou na nosa cidade, onde unha vez máis recibimos con agrado a estes deportistas”, asegurou Ferreiro. A rexedora local recalcou “a aposta do goberno local por mellorar as instalacións deportivas existentes, como neste caso, habilitando e acondicionando un espazo xa existente para favorecer a práctica deste deporte nas mellores condicións”. A alcaldesa valorou a traxectoria deste club, entidade que preside actualmente Verónica Ramos.

Os traballos realizados consistiron no peche perimetral do recinto competitivo para habilitar unha pista de xogo de 120 metros lineais, cun peche modular. Así mesmo, procedeuse ao pintado da pista.

Lea también

Narón Kids, entre los mejores grupos de Danza Coreográfica del mundo en categoría absoluta

De nuevo la ciudad de Cambrils ha acogido una de las pruebas más importantes del …